Inicio

 

 


"Papaventos contra monstros"



Desde a Asociación Miño Contigo queremos unirnos a esta iniciativa de Acción Contra el Hambre. Podeis atopar mais información en cometascontramonstruos.org


Os irmáns Fesser e Jordi Cruz xunto con Acción Contra a fame lanzan o "I Concurso Cometas contra Monstros" dentro dunha campaña de sensibilización nas que as cometas son protagonistas como mensaxe de esperanza contra o coronavirus e as consecuencias que este ha traido a millóns de persoas que xa sufrían o problema da fame.
Esta iniciativa está inspirada na curtametraxe "El monstruo invisible", rodado por Javier e Guillermo Fesser nas Filipinas en 2019: Nesta película o papavento cobra un papel protagonista como símbolo de esperanza para vencer a monstros como a fame e a COVID-19. A pandemia podería deixar sen alimentos a máis de 130 millóns de persoas nos próximos meses. Como explica Javier Fesser: "Las cometas son esa parte de la infancia que ni la pobreza ni la injusticia pueden atrapar. Es el alma de los niños que, traviesa y juguetona, se desplaza libre por el cielo sin que ningún adulto ignorante pueda desviar su preciosa trayectoria". Acción Contra el Hambre proponnos un xogo para compartir en familia: construír o noso papavento, como fai Aminodin na película "El monstruo invisible". Para iso contan coa axuda de Jordi Cruz, un experto en manualidades. Para participar só é necesario entrar en cometascontramonstruos. org e seguir o titorial que preparou Jordi Cruz para elaborar un papavento con materiais reutilizables. Unha vez construído hai que facerlle unha foto e subila a Instagram co hashtag # CometasContraMonstruos. O xurado valorará a orixinalidade, o deseño e os materiais. O prazo de presentación de cometas finaliza o 15 de xuño. Desde a Asociación Miño Comtigo animámosvos a contruir o voso propio papavento. A Organización espera que as cometas construídas poidan ser voadas cando se dobregue a epidemia nos parques de toda España.