Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. ACEPTAR Más información

 

 

Inicio



III FESTIVAL DE PAPAVENTOS DE MIÑO


O pasado 8 de xuño celebrouse o III Festival de Papaventos de Miño. O Festival naceu timidamente no ano 2017 e xa consolidado imos xa pola terceira edición. O noso afán é que se converta nunha cita obrigada e chegue a ser un referente deste tipo de eventos.

Nesta terceira edición contamos coa participación dos equipos de voo Torbellino y Ventolera de Madrid, Jaime Papaventos de Lugo, Velaivai Cometas da Coruña e outros afeccionados de Galicia.

Desde as 11 da mañá e ao longo de todo o día houbo exhibicións de voo de cometas estáticas xigantes e cometas acrobáticas.

Desde as 4 da tarde celebráronse talleres gratuítos de construción de cometa para nenos.

O Festival de Papaventos de Miño está aberto a todo o mundo que teña ganas de pasalo ben gozando do vento.

Agardamos por vos nas próximas edicións!



Participantes


 

A Coruña

Previous Next

Galería