Usamos cookies propias e de terceiros que entre outras cousas recollen datos sobre os seus hábitos de navegación para mostrarlle publicidade personalizada e realizar análise de uso do noso sitio
Se continúa navegando consideramos que acepta su uso. ACEPTAR Más información

 

Inicio

 

A Asociación Socio Cultural Miño Contigo, sen ánimo de lucro, naceu fai tres anos e medio, coa finalidade de axudar e apoiar ás persoas máis vulnerables, os nosos valores son a Solidariedade, a Tolerancia e a Transparencia.

O obxecto da Asociación pode reflectirse nos seguintes puntos:

1.- A obtención de produtos de primeira necesidade a través de diferentes Empresas, Comercios e persoas anónimas de Miño, para a súa posterior distribución a través do Departamento de Asuntos Sociais do Concello.

2.- Fomentamos, organizamos e impartimos actividades culturais enfocadas a nenos e adultos:

  •  · Teatro infantil e de adultos.
  •  · Obradoiro de papaventos
  •  · Festival de Papaventos na Praia Grande de Miño.



Sempre coa colaboración do Concello de Miño, Empresas privadas, como Vazquez-Garzón, Artabro Seguros, Hotel Crisol das Rias-A Carboeira e puntualmente o Concello de Vilarmaior.
Tampouco queremos esquecernos das persoas que forman o grupo de Participantes do Festival de Cometas: Torbellino y Ventolera (Madrid), Velaivai Cometas (A Coruña) e Jaime Papa Ventos (Lugo) e do noso equipo humano cuxa única pretensión é a axuda e colaboración para o beneficio de todos Desde esta páxina, queremos contribuír ao apoio das actividades tanto culturais como sociais que se realizan no noso Concello, prestando o noso apoio ao resto de Asociacións e Eventos que se realizan en Miño, dandoles visibilidade ata o de agora, a través de redes Sociais.

Só resta dicir que seguiremos traballando e que calquera axuda a nivel colaboración será sempre ben recibida